Este retrato forma parte da privacidade dun personaxe ben coñecido da cultura galega (creo que non quedaría ben dar o seu nome, non sei). Chamoume moito a atención a súa sinxeleza.
Os rapaces están a preparar unha obra de teatro que se representará na sala Nasa xusto a semana que eu non estou :-(.... pero permítenme asistir aos ensaios e atrofialos a fotografías, polo que a súa actuación se torna tamén un pouco miña. Aquí vai unha mostra das estremonías que ando a facer con eles, e aquí a información sobre a obra: Finlandia... porque todos nalgún momento somos habitantes do cú do mundo.
música: sibelius (máis información sobre o compositor aquí )
Unha mostra dunha exposición de selos que había no museo Serralves, en Porto. Como ultimamente parece haber tanto problema con isto das crenzas e da liberdade de expresión pareceume oportuno enviar esta espístola, cun selo que permite obviar calquera comentario. Vai dedicada a todos aqueles que viven do escándalo.