11.6.07

marchiña















E ti dime, cantos aneis vés tendo? Nas árbores os anos píntanse en círculos, nas persoas perfílanse na cara e non se corresponden sempre co que pon nos papeis. As arrugas que se van debuxando ás veces son ben bonitas, cheas de vida, indicando que ese ser, malia ter primaveras enriba, segue levando dentro o verme da alegría.

Para estas árbores desnudas, que nos amosan o seu celme cun pudor violentado. Para todas as árbores desnudas e vestidas, que andan por aí adiante enchendo de círculos o tempo, e para todos ou todas os que, coma min, teñades ganas de mover un pouco os ósos, vai esta marchiña

10.6.07

quero ser muller












Mujer, el mundo está amueblado con tus ojos
Vicente Huidobro

29.5.07

tierra





Hijo mío, la felicidad está hecha de pequeñas cosas: Un pequeño yate, una pequeña mansión, una pequeña fortuna…

Groucho Marx



Radio Futura

Caetano Terra

25.5.07

xornada de reflexión

Isto que vos presento hoxe, antes da xornada de reflexión e sen facer eu comentario algún, para non influir nos posibles votantes, é unha candidatura que se presenta á alcaldía de Noia. Este D. Rogelio Mora, coñecido por tódolos noieses coma "O Manchegho" (porque parece ser que naceu nun lugar da Mancha de "cuyo nombre es mejor no acordarse") é un municipal retirado. Xulgade vós mesmos a candidatura, e se atopades algo mellor, por favor, facédemo saber.







Reprodución fidedigna:
- Dragar la ría. Preferible un estacionamiento de turismo.
- Aseos públicos en la Alameda nueva, por ser la zona requerida al estar en el centro de Noia.
- San Lázaro (aclaro eu, é un barrio). Terminar la urbanización.
- Terminar el muro de piedra desde el Solymar (aclaro eu, é un bar) hasta frente a las viviendas de protección oficial; y total apoyo a la construcción.
- Un paseo de Noia hasta el Puente de San Francisco, por toda la vera del río.
- Un paseo desde la Cruz Roja hasta Testal.
- Apoyo total a la hostelería.
- Igualdad en puestos de trabajo, con ello me refiero al Ayuntamiento.
- Sí a la autovía.
- Todo democráticamente.
- Aseos en la Lonja para los marineros.
- Sí a una fábrica de conservas.
- Lucha contra la DROGA y el SIDA.
- Transporte universitario (Subvencionar).
- Recuperar la plaza de toros más antigua de Galicia.
- Retirar la escollera apra recuperar el banco marisquero.
- ¡¡Que funcionen al 100%!! Las Depuradoras.
- Creación de una Escuela-Taller de Artes y Oficios, para la juventud.
Para que se sinta arroupado pola cidadanía voulle dedicar unha canción que dará fe da sensibilidade que adiviñamos na súa proposta, e da falta que nos fai alguén así, porque a ninguén lle pode entrar a dúbida de que con el o "cambio, efectivamente, será seguro", faltoulle poñer que tamén será "raudo y veloz".
J.Brel, estou pensando que esta canción é demasiado brusca para el, voulle dedicar tamén esta outra: M.Manson. Estou indecisa, cal vos parece máis axeitada?

15.5.07

maneras de vivir



















Aún una vida feliz no es factible sin una medida de oscuridad, y la palabra felicidad perdería su sentido si no estuviera balanceada con la tristeza.

Jung

Maneras de vivir ( o vídeo vaia por deus, pero non atopei outro mellor que soara medianamente ben e tiña ganas de poñer esta canción)