19.12.07
11.12.07
27.11.07
á noitiña
Las muletas
Durante siete años no pude dar un paso.
Cuando fui al gran médico,
me preguntó: “Por qué llevas muletas?”
y yo le dije: “Porque estoy tullido”.
“No es extraño”, me dijo.
“Prueba a caminar. Son esos trastos
los te que impiden andar.
¡Anda, atrévete, arrástrate a cuatro patas!”.
Riendo como un monstruo,
me quitó mis hermosas muletas,
las rompió en mis espaldas y, sin dejar de reír, las arrojó al fuego.
Ahora estoy curado. Ando.
Me curó una carcajada.
Tan sólo a veces, cuando veo palos,
camino algo peor por unas horas.
Bertold Brecht
2.10.07
o barbeiro de Caminha

O barbeiro sentaba nun penedo, alá, nun recuncho que nunca se viu en ningún mapa, abandonado do Océano, sen falar máis que coas cunchas arrastradas á praia, e con algún outro lixo verquido polos barcos que atravesaban a zona. Nunca fora home de moitas palabras, pois desde a súa intelixencia natural sabía que canto menos un fala menos se vende.
Aquel día, coma calquera outro, deixouse caer canso á beira do mar. A barbería ía ben, había traballo, e esa mañá mercara unhas palanganas novas e outra folla de afeitar. O pulso era firme, e gustaba de ver cómo a escuma se ía desdebuxando nos pescozos alleos, lentamente, coa pulcritude dun arquitecto que deseña vidas alleas en espazos que nunca vai percorrer. Estaba contento aquela tarde, pensando nos pescozos que rasuraría con aquela navalla nova gardada no bolso esquerdo.
O mar parecía terse esquecido de taer recados e el limitouse a ollar a súa profundidade absorto polas contas do negocio e por un barullo de pensamentos sen aliñar que lle saltaban á cabeza, sen esperar nada, co desexo adormecido polo canto das ondas.
Cando xa as estrelas se instalaran no horizonte augurando unha mañá soleada, decidiu meterse no mar, cheirando o seu bravío esquivo e fresco, lavando os pensamentos para deixar a cabeza limpa das impurezas que se van pegando á pel ao longo dos días. A punto de retirarse, iluminado pola lúa, sentíu que algo o golpeaba nun xeonllo e recolleu aquel obxecto, como tiña recollido moitos outros, ás veces para coleccionalos, outras para devolvelos ao mar. E alí atopou, encerrado entre plásticos e embales, unha caixiña de música oxidada cunha nota: “Agárdote en Caminha. Mercedes”.
O barbeiro nunca oíra falar daquel lugar, nin coñecía outra Mercedes máis ca a muller do carniceiro, unha señora entrada en anos e en carnes, que mataba as horas falando sen parar. O barbeiro había xa moito tempo que deixara de escoitala, reducindo a súa conversa a un xesto asertivo coa cabeza, que tanto valía para mercar un quilo de xarrete, como para concluír toda unha patraña de dimes e contáronmes que non chegaban a penetrar uns tímpanos demasiado afeitos aos sons do mar e ó silencio da barbería. Xa dixen que era un home calado. Tamén era un home que non gustaba de empregar o tempo en conversas espúreas. Non obstante era afable, e os seus acenos, acompañados dun leve sorriso, fixérano respectado e querido, un confidente nas horas de poucos clientes, cando algún vello coñecido se achegaba á barbería a falar da vida, coa excusa dun peiteado que rara vez pasaba da necesidade de sentir o contacto do seu pulso duro, as mans suaves, o tacto agarimoso, que percorría caras e cabezas coa dozura de quen ama o seu traballo.
Ninguén soubo as razóns, pero o barbeiro comezou a interesarse pola xeografía e un día, xa ben entrada a tarde, pechou a barbería, gardou a navalla no bolso esquerdo, e abandonou a vila, sen dicir unha palabra, pensando que estaría de máis dar explicacións a unha xente que probablemente non entendería a lectura dos seus fados desparramada pola area.
Eran os anos cincuenta e chegou a Caminha. Coñeceu algunha Mercedes, pero ninguna que amosara a tersura daquela letra que levaba gardada, ben dobladiña, xunta a navalla.
O barbeiro de Caminha segue achegándose á beira do río, todas as noitiñas, pero a auga doce non gosta de debuxar futuros na area, nin arrastra mensaxes ás rocas. Aínda así, decidiu quedar, na seguridade de que aquel futuro fora escrito só para el.
24.9.07
el e as cadeiras
(lectura de madrugada)
Serenidad, tú para el muerto,
que yo estoy vivo y pido lucha.
Otros habrá que te deseen:
ésos no saben lo que buscan.
Si se durmieran nuestras almas,
si las tuviéramos maduras
para mirar inconmovibles,
para aceptar sin amargura,
para no ver la vida en torno
apasionadamente nunca,
duros y fríos, como piedra
que sopla el viento y no la muda...
Almas claras. Ojos despiertos.
Oídos llenos de la música
del dolor. Los dedos felices,
aunque nos hieran agudas
espinas. Todo el sabor agrio
de la vida, en la lengua.
"Nunca
podrás mojar tu pie en el río
en que ayer lo mojaste. Busca
la eternidad, vive en la alta
contemplación de su figura".
Palabrería de los libros
de la que deja el alma turbia.
Serenidad que se nos vende
por librarnos de la tortura,
por llenarnos de sueño el alma
y rodeárnosla de bruma.
Serenidad, tú para el muerto.
El hombre es hombre, y no le asusta
saber que el viento que hoy le canta
no volverá a cantarle nunca.
Serenidad, no te me entregues
ni te des nunca,
aunque te pida de rodillas
que me libertes de mi angustia.
Será que vivo sin saberlo
o que deserto de la lucha.
Tú no me escuches, no me eleves
hasta tu cumbre de luz única.
Palabrería de los libros
de la que deja el alma turbia.
Yo también me hago un poco libro,
me duermo el alma....
Luz difusa.
La madrugada se desgaja
agria y azul, como una fruta.
Cantan los pinos a lo lejos.
Un niño llora. Las desnudas
mujeres y hombres silenciosos
salen despacio de la últimas
sombras. Los pájaros me esperan.
Se alzan las olas. (Me preguntan
por qué.) Campanas... (Ayer niebla,
hoy claro sol y luego lluvia...)
¿por qué? Las hojas se estremecen...
Voy inundándome de música
José Hierro
Música: GERMÁN DÍAZ
19.9.07
16.9.07
13.9.07
10.9.07
escaparate
Esta foto é dun escaparate do Porto, un lugar que conseguiu xuntar nun mínimo espazo unha clara evocación aos principais praceres humanos, a gastronomía e a arte, lástima que o prezo para gozar ese bocadinho de tempo fora un pouco desorbitado para os meus tristes petos. ¿Por que será que sempre hai un prezo que pagar?
6.9.07
1.9.07
31.8.07
24.8.07
23.8.07
disformación real
E o buraco que se tinha aberto nesse dia continuava a alargar-se diante dos meus olhos; um abismo sen fundo que me chamava para baixo e aonde, a chorar, eu me atirava.
Os acontecimentos que se seguiram colaram-se a mim, sem que o pudesse evitar. A minha descida aos infernos fez-se pelas escadas. E, possivelmente, sem qualquer bilhete. [...] Como se toda a gente estivesse continuamente a travar. A travar-se de dizer e de fazer as coisas que verdadeiramente lhe vao na alma.
[...] E foi assim, quase sem me dar conta, num entorpecimento de álcool e frio crescente, que me tornei sub-humano. E que esqueci, por muito tempo, o nome dos que me amaram.
P. Cahapa. Materna doçura.
22.8.07
20.8.07
8.8.07
6.8.07
3.8.07
tamén estabamos alí
Clari's toleou...
31.7.07
24.7.07
23.7.07
22.7.07
16.7.07
a vida vista a través dunha poza
Gracias por haberte tomado el tiempo necesario y por haberme mirado tan de cerca como para conocerme, a veces, más que yo misma.
Te regalo también un gran beso a través del gran jaime y su "amor profundo".
15.7.07
ca(u)s(u)alidades?
Chucho va conmigo a todas partes, hasta a buscar hembras
Bebo Valdés, El País, 15 de xullo
(engádaselle acento: "ya tú sabes, mi amol")
chucho e Bebo, despois deste encontro irían a buscar "hembras" ou xa estarían elas no corredor? Non teño a resposta pero a música, a música segue sendo un canto celestial.
14.7.07
retrato
2.7.07
26.6.07
25.6.07
polvo de estrellas
rufus
11.6.07
marchiña
E ti dime, cantos aneis vés tendo? Nas árbores os anos píntanse en círculos, nas persoas perfílanse na cara e non se corresponden sempre co que pon nos papeis. As arrugas que se van debuxando ás veces son ben bonitas, cheas de vida, indicando que ese ser, malia ter primaveras enriba, segue levando dentro o verme da alegría.
Para estas árbores desnudas, que nos amosan o seu celme cun pudor violentado. Para todas as árbores desnudas e vestidas, que andan por aí adiante enchendo de círculos o tempo, e para todos ou todas os que, coma min, teñades ganas de mover un pouco os ósos, vai esta marchiña
10.6.07
29.5.07
tierra
Hijo mío, la felicidad está hecha de pequeñas cosas: Un pequeño yate, una pequeña mansión, una pequeña fortuna…
Groucho Marx
Radio Futura
Caetano Terra
25.5.07
xornada de reflexión
Isto que vos presento hoxe, antes da xornada de reflexión e sen facer eu comentario algún, para non influir nos posibles votantes, é unha candidatura que se presenta á alcaldía de Noia. Este D. Rogelio Mora, coñecido por tódolos noieses coma "O Manchegho" (porque parece ser que naceu nun lugar da Mancha de "cuyo nombre es mejor no acordarse") é un municipal retirado. Xulgade vós mesmos a candidatura, e se atopades algo mellor, por favor, facédemo saber.


Reprodución fidedigna:
- Dragar la ría. Preferible un estacionamiento de turismo.
- Aseos públicos en la Alameda nueva, por ser la zona requerida al estar en el centro de Noia.
- San Lázaro (aclaro eu, é un barrio). Terminar la urbanización.
- Terminar el muro de piedra desde el Solymar (aclaro eu, é un bar) hasta frente a las viviendas de protección oficial; y total apoyo a la construcción.
- Un paseo de Noia hasta el Puente de San Francisco, por toda la vera del río.
- Un paseo desde la Cruz Roja hasta Testal.
- Apoyo total a la hostelería.
- Igualdad en puestos de trabajo, con ello me refiero al Ayuntamiento.
- Sí a la autovía.
- Todo democráticamente.
- Aseos en la Lonja para los marineros.
- Sí a una fábrica de conservas.
- Lucha contra la DROGA y el SIDA.
- Transporte universitario (Subvencionar).
- Recuperar la plaza de toros más antigua de Galicia.
- Retirar la escollera apra recuperar el banco marisquero.
- ¡¡Que funcionen al 100%!! Las Depuradoras.
- Creación de una Escuela-Taller de Artes y Oficios, para la juventud.
Para que se sinta arroupado pola cidadanía voulle dedicar unha canción que dará fe da sensibilidade que adiviñamos na súa proposta, e da falta que nos fai alguén así, porque a ninguén lle pode entrar a dúbida de que con el o "cambio, efectivamente, será seguro", faltoulle poñer que tamén será "raudo y veloz".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)