
Poderían ser estrelas, unha ilusión acuífera da Vía Láctea, unha folla arrastrada á intemperie, un lugar cheo de vida, unhas vidas que non saben que facer consigo mesmas, unha folla arrastrada pola auga, invadida por bágoas alleas, iluminada por soles fosforescentes que responden a ilusións, ilusións, ilusións de ilusións...
rufus
6 comentarios:
mira nena, nin estrelas..nin ilusion acuifera..nin ostias...eu digoche o que é: una peaso foto que lo flipas, noraboa
el que ya te molaba
Gracias, carajo!!! :-)
Si que é bonita a foto, ao principio non me daba conta do que era. Parece como fantasmagórica, imaxínoa nunha parede cunha reprodución ben grande e darían ganas de "meterse nela".
Grazas, si, creo que darían ganas de meterse nela, sempre que a auga non estivera moi fría, claro :-)
Poderían ser... moitas cousas. Pero o que si é unha foto preciosa, preciosísima. Azuis, negros, pratas, dourados...toda unha sinfonía de cores, luces e destellos reflexados nas ondas da auga. Que ben sabes mirar, María.
Ana.
Grazas, Ana. As cousas rodéannos, todo é susceptible de ser visto e de ser admirado, o máis insignificante. Neste caso é a auga dun río no que se reflicte o sol ao atardecer. Foi un fermoso día, quizais por iso a foto leva impresos eses tons, para coroalo:-)
Publicar un comentario