26.4.09

o meu verde

Este é un retratiño da vista da miña cociña... unha hortiña no medio de compostela, con ventás asexantes, claro, pero con verde...

Finlandia

Os rapaces están a preparar unha obra de teatro que se representará na sala Nasa xusto a semana que eu non estou :-(.... pero permítenme asistir aos ensaios e atrofialos a fotografías, polo que a súa actuación se torna tamén un pouco miña. Aquí vai unha mostra das estremonías que ando a facer con eles, e aquí a información sobre a obra: Finlandia... porque todos nalgún momento somos habitantes do cú do mundo.

música: sibelius (máis información sobre o compositor aquí )

10.4.09

5.4.09

sombra


foto tirada no hyde park, london
pésame a sombra
dis
e eu sorrío
claro
anda sempre tirándoche do lombo