30.3.07

Consellos dunha irmá menor

Hai pouco chegou a min esta conversa que hoxe reproduzo. Pareceume fantástica por sinxela, por tenra, por profunda, e por mostrar un sentido do humor envexable.

Yo : ¿te acuerdas de cuando tú eras pequeña y yo valiente?
Ella: si ... de cuando me sacabas del baño para que no me tragase el desagüe
Yo: pues esa superhermanita se acabó, tengo que ser normal
Ella: pues yo sé cómo se hace
Yo: cómo?
Ella: empieza por dejar de ponerte las bragas por fuera ... y quítate la capa que ya viene el buen tiempo.

outra acción que reparar


Non sei se serei a persoa adecuada para reparar esta inacción, pero compréndote. Eu sempre quixen ser Ángela Chanin e nin dei chegado a Suellen.
Vouno intentar e comezarei recomendánchoche, querida amiga (intúo que es unha muller, se es home a ver se che vou meter agora nun conflicto irreparable!) que comezaras por facer moitos biscoitos, fainos ás moreas, ata que te fartes de bater ovos, e despois dallos a comer á túa familia, ós teus amigos, a quen pase por diante. Se é o único que fas mal, pois aproveita e promociónao.
Despois empezas a cuspir no chan. Cando vaias andando pola rúa, con ese teu andar gracil que che outorga a perfección, ladea a cabeza un chisquiño cara ó lado dereito, e así, coma quen non quere a cousa, cuspe. Ao principio sairache un cuspiño mixiriqueiro, coma a babiña dun bebé, virá o rubor, o nerviosismo, pero ti segue cuspindo, non teñas medo, ó fin chegará o pracer e cuspirás con garbo. É cuestión de ir collendo confianza nun mesmo. Tamén é importante que non te excedas, ti queres facerte malandrina, non asociarte ó sindicato de "porcalláns sen fronteiras". A ver se me entendes, cuspe con ganas, pero sen facer ese grrrrrrr que tira de adentro, que saia só o que está da gorxa para arriba. Para o outro mellor recorres a un farmaceutico.
A segunda fase do tratamento será empezar a cuspir cando fagas algo ben. No teu caso recoméndoche que bebas moito, para non quedar sen cuspe, ti xa me entendes, se o fas todo ben vas ter moito que cuspir.
É agora cando chegamos á fase na que entra o pendoneo. Prohibido beber auga. Cando se che seque a boca e comeces a sospeitar que as glándulas salivais non dan abasto comeza cunha copiña de anís. O anís é doce, relaxa o ánimo e o olor é más agradable que a xenebra. Non está moi estudado pero pode que ata sexa afrodisíaco e así xa matamos dous paxaros dun tiro. O principal é que non esquezas levar sempre contigo unha petaca, tamén serviría un barril pero pasa menos desapercibido.
Catro cuspes, catro lingotazos da anís e serás unha muller liberada. Lembra, de cada vez un grolo, que non vai todo xunto. É esencial ir aprendendo a dosificar.
Nota: Estes consellos responden á primeira sesión. Tes que poñer algo da túa parte, claro. Infórmame se a evolución progresa adecuadamente e pasaremos á segunda fase. O superdespendole (to be continued).

29.3.07

inférnica

Ví de partos
fluyendo las placentas
Mancebas ví
a punto de caminar sobre carbones
encendidos
Vírgenes y reinas y sirvientas
Esclavas magníficas
Ladronas de palabras
Ví arrojarse desde el puente
abrazadas al hierro punzante
de sus dueños
Esperando la cosecha
o cultivando estrellas en
la palma del insomnio

Ví mujeres
Atadas
como hojas de romero
Atadas
por látigos
soltando su perfume
Espeluznando
al silencio milenario
Invocando dioses
y venturas
El puño cerrado
la caricia
desplegada

Lourdes Perutxena

26.3.07

Sempre hai unha acción para cada reparo

Intuíndo unha certa desesperación etílica nos visitantes do blog, dispóñome a reparar esa acción pola que están penando. O que lles pasa a vostedes é que son seres creativos e a creatividade vai parella co vicio. Isto traducido á linguaxe coloquial viría a ser algo a así como "a todo hai quen gane". Imaxínanse a Samuel Beckett en pleno impulso creador rodeado de ninfas e de cocacola light?. ¿Que sería de "Las flores del mal" se Baudelaire fora adicto á Fanta de laranxa?, que tería escrito? "Las margaritas siempre dicen si"?

Iso sen entrar a falar de Bukowski, enganchado ás bebidas isotónicas, deixando para nunca ese "La máquina de Follar" e todo concentrado no "Tratado de la Sigma o el punto de cruz". Obra moito máis apta para tódolos públicos, ben é certo, e de gran tirada na temporada baixa de Benidorm. Do deshabillé nin falar.
Agora que se queren facerse abstemios (por se non entenden ben o término: "sobrio", "frugal", "mesurado", "comedido") tamén hai exemplos destacables de xente exitosa que nunca pasou dunha copiña de ponche (e iso para a gripe). Aí está o caso da Señorita Marple. Pero, de verdade lles gustaría parecerse a ela?. Porque Colombo moito aspecto de ser amigo da auga non tiña (nin por dentro nin por fóra), e Sherlock Holmes sempre pegado á súa pipa, pode ser que bebera zume de limón, non o poño en dúbida, o fumar dá sede, pero durmía pouco e para min que tiña unha relación algo psicotrópica con Watson, moi querido, iso si. Amor non faltaba.

Se con todo isto non senten que a súa acción vai un pouco parcheada sacarei o último as da manga. Porque existe ese lugar onde un entra como pode e sae feito un mil-homes (as mulleres tamén pero con menos pelo). Existe e témolo cerca.
Para outros problemas que poidan ter xurdido prégolles se dirixan á sempre desperta Doctora Ochoa . Por un prezo imaxino que nada módico poderá solucionar ese enigma que me contaban de "éramos tres".

25.3.07

Fotiños amigas


"Porque este cielo azul que todos vemos
no es cielo ni es azul.
¡lástima grande que no sea verdad tanta belleza!"


Argensola





Fotiños amigas, que non de amigos (quen nos dera, verdade?). Amigas porque son de xente que admiramos, que cunha imaxe son capaces de transportarnos a outros mundos, de sinalar outro xeito de ver, de modificar a realidade e debuxar universos novos na nosa retina. Son regalos que nos fan con cada clic dos seus obxectivos. Xente, que sen dúbida, cre no soño e cre na maxia.
Se a présa de cada día non vos empurra demasiado, se vos apetece descansar un chisquiño, se pervive en vós esa frescura coa que nos agasalla o poder da emoción, invítovos a un paseo polas corredoiras do maxín.

- chema madoz
- isabel muñoz
- sebastiao salgado
- vari caramés
- agustí centelles
- cartier bresson
- ansel adams
- ... e + moito +

A luz do deserto

CONCÉNTRICA
El sol es perseguido de cerca por el horizonte.
Envíen Guardia Civil.
Ya casi no queda tarde.
Antonio Espina
Estas fotos que presentamos son do noso amigo Antón García. Recollen parte dos seus pasos por Exipto. Segue levando no corazón a forza e a viveza da luz do deserto e hoxe quixo compartilas con todos nós. Ogallá vos gusten.














.


¡No te seques!
Para mi niño, tu sombra,
¡ramita verde!
Francisco Vighi


18.3.07

PIC-NIC







A presidenta do Clari's C.F. ten problemas esperemos que resolubles coa sección "afotiños". Se entrades no vínculo "camposanto de rois" atoparedes nada, exactamente. Se entrades no vínculo "pateando por N.Y.C." atoparedes algo ó xeito ó final, pero antes as fotos do PIC-NIC!!! que é do que se trata nesta sección. Prometo seguir investigando ata solucionar estas loitas coa maquinaria, o que non prometo son prazos que non se pode estar a todo. Iso si, o pic-nic foi un éxito, e non, non estivo subvencionado por Estrela Galiza (inda que o pareza). Agradecementos ao rapaz que nos prestou a posibilidade de abrir as botellas sen ter que recorrer á dentadura postiza. Invitarémolo na nosa próxima saída á natureza.

9.3.07

O SOÑO E A MAXIA

Porque non todo poden ser risas.... este textiño que segue vai dedicado á nosa ídola... (vid: Clari's C.F.), e a todo aquel ou aquela que o queira meditar.... ¿será certo isto? Quizais si, quizais non, pero ¿que mal pode facer? ¿efecto placebo, acaso?. ¿Que sería a vida sen esperanza? Unha pedra triste abandonada nun camiño.

Un sueño es algo muy frágil, pero también puede ser lo más poderoso del mundo. El sueño necesita verse reforzado constantemente de tal modo que eche raíces firmes y profundas en el subconsciente. Hay que reducir al mínimo y restar importancia a las dudas y los temores. El sueño tiene que verse apoyado por un plan concreto y alcanzable.

Es entonces cuando se produce la magia: entran en juego toda clase de fuerzas , como uno jamás habría podido imaginar, que contribuyen a manifestar y materializar el sueño que se ha tenido.
HAIKU
Una mariposa:
le quito las alas
¡y se vuelve pimiento!
Un pimiento:
le pongo unas alas
¡y se vuelve mariposa!

8.3.07

ReparAccións

CONSULTORIO REPARADOR

¿Cagáchela algunha vez? Nós tamén. Temos experiencia e poñémola de forma altruista ao servizo da comunidade. Se queres que che Reparemos esa Acción escríbeo aquí. Podes facer a túa achega anonimamente ou identifícate se cres que iso axuda á
túa catarse.... inda que hai accións difíciles de reparar, senón xulgade vós mesmos

7.3.07

CLARI'S C.F.

Benvidos ao Clari's Fans Club.
Este espazo será o local oficial dos encontros dos membros do clube. Sempre quixemos poder berrar e chorar e deixarnos morrer por alguén...e entón apareciches ti, para darlle un sentido ó noso soño de maxia.
Comezamos esta andaina brindando cun bo viño do Ribeiro aderezado cunhas loas de "Alabaré, Alabaré"

"¿De qué juguetería te escapaste, muñeca?"

"Si la belleza matara tú no tendrías perdón de Dios"

"Le voy a pedir el molde a tu papá para hacer muñecas"

"Se te cayó un papel.... ¡el que te envuelve, bombón!"

"¿Te dolió caer del cielo, angelito?"

"Si Adán por Eva se comió una manzana, yo por ti me comería una frutería"

"Tantas curvas y yo sin frenos"

"Con esa pierna, ¿para qué la otra?"

"Quisera ser vizco para verte doble"

"Tú debes ser atea, porque estás como quieres y no como Dios manda"

"¿Crees en el amor a primera vista, o tengo que volver a pasar?"

E chegando á ducia ímolo deixar por hoxe. Aquí a Presidenta e a Socia Fundadora estamos desexando verte para poder tirarnos dos pelos a gusto....

Conclusión: "Si tienes una amiga que te quiera más que yo, que te escriba en otro lado que aquí te escribo yo!!!".

6.3.07

Verde sobre vermello

Bo día. Verde sobre vermello non ten máis pretensión que a lúdica, por agora. Como din os nosos grandes intérpretes das orquestras: "probando, probando", ¡¿óese?!