26.3.07

Sempre hai unha acción para cada reparo

Intuíndo unha certa desesperación etílica nos visitantes do blog, dispóñome a reparar esa acción pola que están penando. O que lles pasa a vostedes é que son seres creativos e a creatividade vai parella co vicio. Isto traducido á linguaxe coloquial viría a ser algo a así como "a todo hai quen gane". Imaxínanse a Samuel Beckett en pleno impulso creador rodeado de ninfas e de cocacola light?. ¿Que sería de "Las flores del mal" se Baudelaire fora adicto á Fanta de laranxa?, que tería escrito? "Las margaritas siempre dicen si"?

Iso sen entrar a falar de Bukowski, enganchado ás bebidas isotónicas, deixando para nunca ese "La máquina de Follar" e todo concentrado no "Tratado de la Sigma o el punto de cruz". Obra moito máis apta para tódolos públicos, ben é certo, e de gran tirada na temporada baixa de Benidorm. Do deshabillé nin falar.
Agora que se queren facerse abstemios (por se non entenden ben o término: "sobrio", "frugal", "mesurado", "comedido") tamén hai exemplos destacables de xente exitosa que nunca pasou dunha copiña de ponche (e iso para a gripe). Aí está o caso da Señorita Marple. Pero, de verdade lles gustaría parecerse a ela?. Porque Colombo moito aspecto de ser amigo da auga non tiña (nin por dentro nin por fóra), e Sherlock Holmes sempre pegado á súa pipa, pode ser que bebera zume de limón, non o poño en dúbida, o fumar dá sede, pero durmía pouco e para min que tiña unha relación algo psicotrópica con Watson, moi querido, iso si. Amor non faltaba.

Se con todo isto non senten que a súa acción vai un pouco parcheada sacarei o último as da manga. Porque existe ese lugar onde un entra como pode e sae feito un mil-homes (as mulleres tamén pero con menos pelo). Existe e témolo cerca.
Para outros problemas que poidan ter xurdido prégolles se dirixan á sempre desperta Doctora Ochoa . Por un prezo imaxino que nada módico poderá solucionar ese enigma que me contaban de "éramos tres".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Buenísimo. Podríais poner las consultas a la vista, así se sabría mejor a que contestas.
Saludos y enhorabuena por vuesto blog.

María dijo...

Tes razón. Grazas pola túa idea, grazas por visitarnos e polas túas palabras.