25.3.07

Fotiños amigas


"Porque este cielo azul que todos vemos
no es cielo ni es azul.
¡lástima grande que no sea verdad tanta belleza!"


Argensola





Fotiños amigas, que non de amigos (quen nos dera, verdade?). Amigas porque son de xente que admiramos, que cunha imaxe son capaces de transportarnos a outros mundos, de sinalar outro xeito de ver, de modificar a realidade e debuxar universos novos na nosa retina. Son regalos que nos fan con cada clic dos seus obxectivos. Xente, que sen dúbida, cre no soño e cre na maxia.
Se a présa de cada día non vos empurra demasiado, se vos apetece descansar un chisquiño, se pervive en vós esa frescura coa que nos agasalla o poder da emoción, invítovos a un paseo polas corredoiras do maxín.

- chema madoz
- isabel muñoz
- sebastiao salgado
- vari caramés
- agustí centelles
- cartier bresson
- ansel adams
- ... e + moito +

No hay comentarios: