30.4.07

:-)

















Chegou a época do contacto. Aprendemos a tocarnos, a mirarnos, aprendemos a aprender... a vida deunos unha segunda oportunidades e agora é responsabilidade nosa o que decidamos facer con ela. A liberdade escóllese a cada instante, un si ou un non, unha caricia ou un reproche. Os dedos entrelazados, xeneracións desencontradas que empezan a surcar os mares da reconciliación.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Gústame moito a idea das fotos das mans. Son preciosirmas.

María dijo...

Moitas ghrasias rapás... forman parte dun proxecto que me ronda a mente pero agora non teño moito tempo. Inda me estou facendo amiga de Ofelia (a miña nova cámara) e aprendendo para qué valen tantos botóns, iso si, sen mirar o libro de instrucións, non vaia ser que aprenda demasiado rápido. Alégrame que che gusten.
Bicos

Anónimo dijo...

E logho, que fixeches coa cámara yanki?

María dijo...

Pois a yanki resultou ser unha cámara kamikaze, unha infiltrada que se me suicidou á primeira de cambio. Xa non nos levamos ben desde o primeiro momento, e cando o desencontro é inicial faise dificil a reconciliación. Agora teño a Ofelia,coa que me levo ben.

Anónimo dijo...

A próxima foto ten que ser dos catro. así que vai aprendendo a poñer o temporalizador :P