11.6.07

marchiña















E ti dime, cantos aneis vés tendo? Nas árbores os anos píntanse en círculos, nas persoas perfílanse na cara e non se corresponden sempre co que pon nos papeis. As arrugas que se van debuxando ás veces son ben bonitas, cheas de vida, indicando que ese ser, malia ter primaveras enriba, segue levando dentro o verme da alegría.

Para estas árbores desnudas, que nos amosan o seu celme cun pudor violentado. Para todas as árbores desnudas e vestidas, que andan por aí adiante enchendo de círculos o tempo, e para todos ou todas os que, coma min, teñades ganas de mover un pouco os ósos, vai esta marchiña

4 comentarios:

Anónimo dijo...

As arrugas cheas de vida, o verme da alegría... ben, ben bonito. Pode ser que entre as árbores e as persoas, haxa moitas características en común.
Ana.

María dijo...

Si, supoño que depende de se falamos dun eucalipto ou dun carballo, dígoo polos anos... polo demais creo que hai persoas eucaliptos e persoas carballos, como haberá algunha silveira tamén ;-)

Anónimo dijo...

ola guapa, vexo que sigues facendo fotos moi chulas e escribindo cousas tamen ben bonitas,mandoche un biquiño e todo o meu apoio para que todo te salga moi ben na opo

el que ya te la molaba

María dijo...

Ya me molaba ya que me saíra ben... pero creo que estou entrando no camiño da desolación... pagaría por ter unha máquina do tempo... ou un anxo da garda que fixera o "traballo sucio" por min. En fin... sobreviviré!!!! Bicos