16.7.08

esperanza

Esta entrada é un regalo para P., pola súa xenerosidade, porque conta historias cargando as mans e a mirada de efectos especiais, porque está vaian ben ou vaian mal as cousas e porque me alegro moito de tela encontrado.... e porque é listiña... e porque vai ser funcionaria, qué carajo, e inda estou a tempo de pedirlle un préstamo!!! Noraboa ghuapa.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Andaba eu de transeúnte pola web da Consellería de Educación e vin o teu nome ao carón dunha notaza. Non será que ti tamén vas ser funcionaria? Enganáronme os sentidos e vin o que non era?
Moita sorte. Moitos bicos.

María dijo...

Moitas grazas... mira que tocarme un transeúnte espía!!! Supoño que viches o que era pero mellor non cantar victoria antes de tempo, hai baremos moi altos e tribunais que dan mellores notas, o meu polo de agora é algo cutrillo...e vouche ter que facer un seguimento eu a ti tamén, que me empezo a sentir en desventaxa!

Anónimo dijo...

Moito me alegrou ver tan boa nota. Non me parei en baremos nin en cálculos, pero pensei que desta vez ao mellor vai. Por que non ha ser, se ademais o mereces?
Como dicía un ex-conselleiro: Hei dito.

María dijo...

Grazas, vexo que me tes estima... e mira, como dirían na miña aldea...¿quen vés sendo?

Anónimo dijo...

Claro que che teño estima, muller. Esa é unha das razóns polas que me achego asiduamente á túa ventaniña.
Que quen veño sendo? Unha ialmiña transeúnte (segundo o DRAE, na súa cuarta acepción: "Que se produce por el agente de tal suerte que el efecto pasa o se termina fuera de él mismo").

María dijo...

... e mira, non había outra acepción menos complicada? nesta parece que falan da transmutación das almas. Bueno, alégrame que andes por aquí, aínda que empeces ou remates fóra de ti mesmo/mesma "que diría lo políticamente correcto" ;-)

Anónimo dijo...

;-))