24.5.07

do it again!


7 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha foto muito bonita..

Anónimo dijo...

artistasa.....

el que ya molaba

María dijo...

grazas ghuapismos e listismos que sodes... e qué bo ghustaso que tedes... Durante os minutos o ceo transformouse nunha obra de arte...
bicos

Anónimo dijo...

Sí, unha fermosa obra de arte. E que atenta estás sempre ao paso dos avións, ou é casualidade?...
Ana.

María dijo...

Non estou atenta ós avións, pero o ceo é algo que me pode, coas cores cambiantes, azuis, grises, vermellas.... Neste tempo está cheo de paxariños que ofrecen danzas gratuitas. Onte en Copostela había unha preciosa lúa chea. Eu camiñaba pola zona vella e unha nube ben negra tapábaa pola metade, pero a medida que os meus pasos avanzaban ía deixándoa ao descuberto, coma se tiver un velo que lle ía caendo pouco a pouco. Ás veces as marabillas están ao alcance da man de calquera. Eu teño o costume de mirar para arriba e iso xa me ten costado algún batacazo... :-)

Anónimo dijo...

Camiñar ó anoitecer con lúa chea pola zona vella de Compostela e en primavera...Que sorte! Coido que esas marabillas das que falas, como a que pintas con tan poéticas pinceladas, sempre están ó alcance de todos. Só hai que saber mirar ou querer velas e para iso é necesario ter alcanzado unha sensibilidade especial. Inconvintes: que algunhas persoas che poden colgar a etiqueta de "rara". A min encántame a xente que ten esas rarezas. Ventaxas: que unha vez asumida tal etiqueta, cada día sínteste un pouco máis libre, ou iso creo...
Ana.

María dijo...

Non contestara a este comentario, Ana, desculpa, gústame contestar... ¿rara eu?... téñenmo dito moitas veces, rara e peculiar son dous adxectivos que xa me teñen caído e no sei como interpretar... tampouco me importa. Se che son sincera, cada día síntome máis a gusto sendo quen son, e como din polas Américas: "si no te gusto como soy correte a un lado y dejame paso", ou algo polo estilo... tamén está a versión mexicana: si no te gusta, mijito, te vas a la reconchingada, ou algo polo estilo tamén, a memoria non é unha das miñas virtudes, pero a esencia creo que se entende. Grazas por participar :-)