25.5.07

xornada de reflexión

Isto que vos presento hoxe, antes da xornada de reflexión e sen facer eu comentario algún, para non influir nos posibles votantes, é unha candidatura que se presenta á alcaldía de Noia. Este D. Rogelio Mora, coñecido por tódolos noieses coma "O Manchegho" (porque parece ser que naceu nun lugar da Mancha de "cuyo nombre es mejor no acordarse") é un municipal retirado. Xulgade vós mesmos a candidatura, e se atopades algo mellor, por favor, facédemo saber.







Reprodución fidedigna:
- Dragar la ría. Preferible un estacionamiento de turismo.
- Aseos públicos en la Alameda nueva, por ser la zona requerida al estar en el centro de Noia.
- San Lázaro (aclaro eu, é un barrio). Terminar la urbanización.
- Terminar el muro de piedra desde el Solymar (aclaro eu, é un bar) hasta frente a las viviendas de protección oficial; y total apoyo a la construcción.
- Un paseo de Noia hasta el Puente de San Francisco, por toda la vera del río.
- Un paseo desde la Cruz Roja hasta Testal.
- Apoyo total a la hostelería.
- Igualdad en puestos de trabajo, con ello me refiero al Ayuntamiento.
- Sí a la autovía.
- Todo democráticamente.
- Aseos en la Lonja para los marineros.
- Sí a una fábrica de conservas.
- Lucha contra la DROGA y el SIDA.
- Transporte universitario (Subvencionar).
- Recuperar la plaza de toros más antigua de Galicia.
- Retirar la escollera apra recuperar el banco marisquero.
- ¡¡Que funcionen al 100%!! Las Depuradoras.
- Creación de una Escuela-Taller de Artes y Oficios, para la juventud.
Para que se sinta arroupado pola cidadanía voulle dedicar unha canción que dará fe da sensibilidade que adiviñamos na súa proposta, e da falta que nos fai alguén así, porque a ninguén lle pode entrar a dúbida de que con el o "cambio, efectivamente, será seguro", faltoulle poñer que tamén será "raudo y veloz".
J.Brel, estou pensando que esta canción é demasiado brusca para el, voulle dedicar tamén esta outra: M.Manson. Estou indecisa, cal vos parece máis axeitada?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

M. Manson? Ti queres que lle dea unha volta a ese probo cidadán, toliña, despois de que vexa ese disparate!! A verdade é que o programa é do máis concreto que se pode imaxinar, moi ben explicadiño e sen demasiada literatura de recheo. Mágoa non ter algún vídeo dun dos seus mítines, que habían pagar a pena.
Estarei atento a interné para ver candos votos acada.

Anónimo dijo...

meu deus.. o da praza de toros chegoume a alma...este non foi o munipa que tivo problemas co alcalde e traballaba no pasillo porque lle quitaron o despacho?..

el que ya te molaba

pd sinto non haber ido o cumple pero tiven que ir a viveiro e chegui tarde e cansado

biquiño

Anónimo dijo...

Paso a dejarte un abrazo y las gracias por la confianza que has depositado en mí al darme la dirección de tu página. Necesito tiempo para leer y están siendo unas semanas difíciles para mí.

Pero quería que supieras que estoy aquí. Que aquí estaré...

María dijo...

En Noia hai munipas para todo, meu rei, este é outro. 157 votos, houbo outro con 156, vese que tiñan un elemento menos na familia.
En canto ó de M. Mason eu creo que é unha boa canción, estíveno pensando e estragar a Brel con esto non me parece xusto. Por certo, os de Indiana Jones por aí andaron, supoño que a decisión será en favor do PSOE, pero un nunca sabe, mellor esperar aos feitos consumados.
L-D-B: Guapa, gracias.