15.7.07

ca(u)s(u)alidades?

Hoxe foi un día moi agradable, no que vin pozas de auga, inda que había sol, e coma case sempre quedei pasmada mirando os seus reflexos. Despois lin o titular dunha entrevista a Bebo Valdés e atopei moitas similitudes con esta foto, de tal pau tal astilla, que dirían pola miña terra:


Chucho va conmigo a todas partes, hasta a buscar hembras
Bebo Valdés, El País, 15 de xullo

(engádaselle acento: "ya tú sabes, mi amol")
chucho e Bebo, despois deste encontro irían a buscar "hembras" ou xa estarían elas no corredor? Non teño a resposta pero a música, a música segue sendo un canto celestial.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Intentas dicir que esta foto é unha poza de auga? Pódesme explicar cómo o fas? é preciosa, pero o da poza de auga, así como as vexo eu polo chan adiante, non me cabe na cabeza, eu nunca as vexo tan fermosas. E coma esta todas, a alegría da flor, a tristeza do cabalo... todas as túas fotos son ben bonitas, e dis que é intuición, pois non traballa un pouco no tema, porque se con intuición fas isto, con traballo non podo nin imaxinalo.
Un saúdo admirado.

María dijo...

Son os reflexos dun banco nunha poza, as cores que se ven por arriba reflexos das lonetas que había, estabamos nun mercadillo cando as fixen.
Grazas polo saúdo admirado, agora que teño tempo lerei o libro de instrucións de Ofelia, e ata pode que faga algún curso, estou descubrindo un mundo que cada día me gusta máis, diso non teño dúbida.