10.9.07

escaparate

nora jones
Esta foto é dun escaparate do Porto, un lugar que conseguiu xuntar nun mínimo espazo unha clara evocación aos principais praceres humanos, a gastronomía e a arte, lástima que o prezo para gozar ese bocadinho de tempo fora un pouco desorbitado para os meus tristes petos. ¿Por que será que sempre hai un prezo que pagar?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Un groliño de porto cun anaco de queixo é un dos praceres aos que é difícil non retornar. Palabra de pecador.
Bicos, María-la-portuguesa

María dijo...

Recoñezo que eu do queixo podería prescindir, agora que o do groliño de porto xa é outro cantar. Grazas polos bicos, e polo alcume :-)

Anónimo dijo...

Vendo este escaparate e algunhas das fotos anteriores, dá ganas de dar unha voltiña por Porto, quizais nas próximas vacacións...
Saúdos, Ana.

María dijo...

Se non coñeces Porto eu recoméndocho, desde logo. Tampouco non coñezo moito, pero para min é unha cidade máxica, todo Portugal o é un pouquiño (ou case todo).