19.8.08

speaker corner

Speaker corner, London
Unha praza na que a xente se xunta para falar, intercambiar opinións, berrearse, etc. Un lugar extraído da voráxine da civilización, onde todo o mundo forma parte de algo propio unido polo sentimento do alleo. Dous metros máis lonxe a cidade segue o seu curso, ignorante da palabrería que se manifesta nesta esquina, proferida con diversidade de tons, variedade de cores, multiplicidade de acentos. A mesma xente que circula polas rúas ten os seus representantes subidos a esqueiras improvisadas desde as que agoiran futuros incertos, critican presentes obscenos e lembran pasados tamizados polo imaxinario. Unha esquina interesante e ruidosa na que prima a liberdade de ser un máis na marea dos ninguéns. Anonimato querido, amigo das verdades.

No hay comentarios: