20.8.08

valor de mercado

La segunda premisa que sustenta la actitud de que no hay nada que aprender sobre el amor, es la suposición de que el problema del amor es el de un objeto y no de una facultad. La gente cree que amar es sencillo y lo difícil encontrar un objeto apropiado para amar -o para ser amado por él-. Tal actitud tiene varias causas, arraigadas en el desarrollo de la sociedad moderna. Una de ellas es la profunda transformación que se produjo en el siglo veinte con respecto a la elección del "objeto amoroso". En la era victoriana, así como en muchas culturas tradicionales, el amor no era generalmente una experiencia personal espontánea que podía llevar al matrimonio. Por el contrario, el matrimonio se efectuaba por un convenio -entre las respectivas familias o por medio de un agente matrimonial, o también sin la ayuda de tales intermediarios; se realizaba sobre la base de consideraciones sociales, partiendo de la premisa de que el amor surgiría después de concertado el matrimonio-. En las últimas generaciones el concepto de amor romántico se ha hecho casi universal en el mundo occidental. En los Estados Unidos de Norteamérica, si bien no faltan consideraciones de índole convencional, la mayoría de la gente aspira a encontrar un "amor romántico", a tener una experiencia personal del amor que lleve luego al matrimonio. Ese nuevo concepto de la libertad en el amor debe haber acrecentado enormemente la importancia del objeto frente a la de la función.
Hay en la cultura contemporánea otro rasgo característico, estrechamente vinculado con ese factor. Toda nuestra cultura está basada en el deseo de comprar, en la idea de un intercambio mutuamente favorable. La felicidad del hombre moderno consiste en la excitación de contemplar las vidrieras de los negocios, y en comprar todo lo que pueda, ya sea al contado o a plazos. El hombre (o la mujer) considera a la gente en una forma similar. Una mujer o un hombre atractivos son los premios que se quiere conseguir. "Atractivo" significa habitualmente un buen conjunto de cualidades que son populares y por las cuales hay demanda en el mercado de la personalidad. Las características específicas que hacen atractiva a una persona dependen de la moda de la época, tanto física como mentalmente. Durante los años que siguieron a la Primera Guerra Mundial, una joven que bebía y fumaba, emprendedora y sexualmente provocadora, resultaba atractiva; hoy en día la moda exige más domesticidad y recato. A fines del siglo XIX y comienzos de éste, un hombre debía ser agresivo y ambicioso -hoy tiene que ser sociable y tolerante- para resultar atractivo. De cualquier manera, la sensación de enamorarse sólo se desarrolla con respecto a las mercaderías humanas que están dentro de nuestras posibilidades de intercambio. Quiero hacer un buen negocio; el objeto debe ser deseable desde el punto de vista de su valor social y, al mismo tiempo, debo resultarle deseable, teniendo en cuenta mis valores y potencialidades manifiestas y ocultas. De ese modo, dos personas se enamoran cuando sienten que han encontrado el mejor objeto disponible en el mercado, dentro de los límites impuestos por sus propios valores de intercambio. Lo mismo que cuando se compran bienes raíces, suele ocurrir que las potencialidades ocultas susceptibles de desarrollo desempeñan un papel de considerable importancia en tal transacción. En una cultura en la que prevalece la orientación mercantil y en la que el éxito material constituye el valor predominante, no hay en realidad motivos para sorprenderse de que las relaciones amorosas humanas sigan el mismo esquema de intercambio que gobierna el mercado de bienes y de trabajo.

Erich Fromm, El arte de amar.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Tristemente certo o que nos expón Fromm. A súa hipótese é moi fácil de comprobar se observamos un pouco ao noso redor. Moitas veces me tentan as ganas de recomendar este libro a algunhas persoas. Debería ser unha lectura obrigada. Pois moita xente empezaría a desaprender o aprendido e deixaría de camiñar ao revés (máis ben parece que nos enseñaran "el arte de odiar").
Moi ben elexida a foto, María.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

Da gusto leer estas líneas por la luz que arrojan sobre tantas cosas.

Y apetecen más.

Anónimo dijo...

Grandísima foto, María!
Xa que o amor precisa dunha aprendizaxe, que che parece se lle suxerimos ás autoridades académicas a creación dunha asignatura ad hoc? Propoño que esta nova materia -Tecnoloxías das Relacións Amorosas- se incorpore ao currículo do bacharelato, aproveitando a reforma que se aveciña.

María dijo...

Espero que esa proposta da asignatura no bacharelato non encerre algunha clase de finalidade insidiosa;-)En todo caso a ver quen a ía impartir, eu desde logo non me sinto capacitada. Pobres rapaces!!
Como vexo que hai interés na obra de Fromm aquí vai a obra completa:http://www.opuslibros.org/libros/arte_amar/indice.htm
E un libro cortiño e de fácil lectura, ademais de moi ilustrativo. Saúdos e unha aperta.

María dijo...

Espero que esa proposta da asignatura no bacharelato non encerre algunha clase de finalidade insidiosa;-)En todo caso a ver quen a ía impartir, eu desde logo non me sinto capacitada. Pobres rapaces!!
Como vexo que hai interés na obra de Fromm aquí vai a obra completa:http://www.opuslibros.org/libros/arte_amar/indice.htm
E un libro cortiño e de fácil lectura, ademais de moi ilustrativo. Saúdos e unha aperta.

Anónimo dijo...

Eu tamén voto por esa materia, aínda que o termo de tecnoloxías non me cadra moito.
Vendo a foto de novo, pensei que se podería facer unha análise profunda que daría para escribir páxinas. Conseguiches captar un bo "retrato" da sociedade actual. Ogallá só fora un simple escaparate...

María dijo...

Ana, e por que non te animas a facer esa análise? ou parte dela. Podería ser moi interesante.

Anónimo dijo...

María, creo que dás no cravo ao poñer sobre o tapete o auténtico problema que suscitaría a implantación da nova materia "amorosa" (ben se ve que estás no gremio docente, haha): a que departamento lle asignamos esta asignatura? Cantas horas semanais? Será avaliable? Haberá libro de texto en galego?
Ana, xa que non concordas coa denominación de Tecnoloxías, só nos queda unha posibilidade: Obradoiro. Ti decides.

María dijo...

Non me quero meter, que conteste Ana, pero pregunto o obradoiro non será algo práctico de máis?

Anónimo dijo...

Propuxen chamarlle "Obradoiro" porque é unha das denominacións de moda.
De todas formas, estas clases terán que ter un enfoque práctico, de xeito que se siga un esquema como este que deixo como exemplo: poñemos unha peli (en dúas ou tres sesións, claro, ante todo mucha calma...); a continuación, por suposto, un traballo por equipos que servirá de base para un debate; despois virá o momento de facer un mural; a culminación do programa pode ser, por exemplo, un acto con rapaces interpretando cancións e lendo poemas (e con moitos debuxos colgados por todas partes).

sinrecursos dijo...

Y para los que no estamos en edad de merecer ni el bachillerato siempre nos quedaría el recurso de aprender en algún curso para adultos organizado por la Universidad, impartido por psicólogos, historiadores y sociólogos, hay abundante bibliografía sobre la historia del amor y sobre cómo nos comportamos al respecto los humanos en las sociedades post-industriales. Me quedo con lo que dijo Sócrates sobre el asunto. Resumo: amar es un verbo que se conjuga en gerundio.

Anónimo dijo...

María: En canto a análise, só un pequeno apunte. Chamoume a atención (entre outras cousas) que o maniquí-muller apareza sen cabeza e sen mans, "sin yo". Iso si, coa cintura ben marcada, insinuantes curvas ben iluminadas e, por se fose pouco, unha especie de... "tocado de fiesta"? O que importa e o exterior e os adornos, o que se ve; non esquezamos que detrás, ben visible, aparece o cartel "sale". Todo está á venta. Estamos nunha sociedade capitalista, é obvio. Por suposto, ao seu lado, para acompañala (ou protexela) un "apuesto" varón, como mandan "los cánones y las santas normas establecidas y demás convencionalismos..." (Sei que abusei da cursiva). Non sigo. A foto dá para moito máis.

Eu tamén opino que o do obradoiro sería demasiado práctico. Mentras non me tocase (se só é no Bachiller, estou salvada). Creo que se debería impartir desde ESO. Menudo caos teñen os nosos adolescentes con tanta información deformada!

Anónimo dijo...

(Bacharelato, non bachiller...)

Transeúnte: vese que tes as ideas ben claras: ou A ou B. Levas razón no do sentido práctico da materia. Lendo a última proposta: cine, traballo por equipos, debate, "obradoiros" de literatura e expresión artística? Xa me gusta máis a túa idea. Apúntome como axudante, o da calma non se me dá de todo mal... Ah!, e insisto en que se debería empezar aos doce ou trece anos. O problema sería atopar pelis axeitadas a esas idades.

Anónimo dijo...

sinrecursos (pero-con-recursos): Quizais por aí había que empezar, polos adultos. Estou convencida de que, os rapaces , en canto a actitudes e comportamentos, aprenden máis de como nós nos comportamos con e ante eles, ca do que pretendemos ensinarlles. Eles copian o que ven na casa, no centro educativo, na rúa, na tele... Os adultos que aparecen en escea, non soen ser precisamente os mellores modelos a seguir como exemplo de relacións humanas ou amorosas.
Eu incluiría aos antropólogos para impartir o curso; creo que terían moita luz que aportan (na miña opinión, a antropoloxía é indispensable, para explicar o comportamento dos seres humanos e como se relecionan ou non-relacionan e as causas de tanta degradación afectiva).
Para rematar, o sabio Sócrates tiña razón: "a amar se aprende amando". Pero vendo amar aos demais e sendo amados desde que se nace, e antes. Como di E. Punset, "sin amor incondicional, no hay proceso de aprendizaje posible". Creo que aí está a clave: o amor incondicional. (A miña é tan só unha opinión máis).

María dijo...

Ana, estou de acordo coa lectura que fas da foto. Foi feita en Londres, nun mercado enorme no que se vendía de todo. Non puiden pararme moito porque non deixaban facer fotos. Efectivamente o que máis me chamou a atención desta composición foi a falta de corpo da muller, por chamarlle dalgunha maneira. Da figura feminina creo que sería máis exacto. Non só lle faltan partes senón que o corte que hai no seu sitio non é nada limpo, poderiamos falar de amputación (acusarannos de feministas!!). Fáltalle todo o que a pode levar a "obrar" e só permanece o "obxecto", a parte máis pasiva, sen pensamentos nin ferramentas de movemento. En canto á figura masculina, que si ten todas as partes, máis que protexela parece que ten unha actitude bastante chulesca.
Transeúnte, penso na organización do obradoiro. Se Ana vai de axudante xa non terás queixa. O das películas é un misterio. Este ano tiña un grupo de 2º da Eso terrorífico e pactei con eles dedicar un día á semana a ver películas intentando que os outros tres me deixaran abrir a boca dunha maneira medianamente civilizada. Nunha destas púxenlles unha peli de Truffaut, Os catrocentos golpes, que crin que me tirarían á cabeza (xa levaba outra gardada para un apuro). Pois encantoulles!! Misterios.
Estou de acordo no do ensino para adultos. Eu xa non dou a planta nin como axudante para impartir a asignatura. Creo que antes necesitaría asistir a tres ou catro obradoiros, cursos intensivos, seminarios, etc. etc. etc.... e despois empezaríamos a falar. Os rapaces aprenden de nós, adultos, e un dos problemas principais que eu percibo é que predicamos unha cousa e facemos outra. Eles viven no desconcerto e actúan en consonancia, entón tachámolos de vándalos e imos para a casa todos ofendidos. Estou sendo moi simplista pero creo que algo diso hai, non por parte dos docentes senón da sociedade en xeral.
Por certo, moita xente imos necesitar para esta materia: antropólogos, sociólogos, historiadores, filósofos... fáltanos un psicoanalista e xa estaremos teorizando ad eternum. Propoño algunha excursión a sociedades "menos desenvolvidas". Sen afán de idealizalas creo que nelas está máis virxe a intuición. Non estaría de máis para unha posible parte práctica.

Anónimo dijo...

Hola!Primero me presento, ando por aqui ojeando blogs ya que acabado de empezar con el mio.
Tal vez hace un par de años si leo esta entrada que has hecho me huiera llevado las manos a las cabeza por la frialdad con la que se trata el tema. Pero ahora lo veo tan cierto q hasta da miedo... Estoy de acuerdo con que aprendemos lo que es amar no amando (que es como deberia ser) sino por lo que nos muestran y lo idealizado que tienen todo (canciones, peliculas, etc).
Hasta que poco a poco te vas desengañando, y no es que sea peor la realidad simplemente es distinto y te cuesta cambiar el chip.
Tema complicado este.
Saludos.

María dijo...

Bienvenido, esta es tu casa. El tema es complicado, como bien dices y los planteamientos diversos pero también por eso interesante, no?.